Santa Comba reabre trala boa evolución do coronavirus

A Escola Infantil de Santa Comba empeza o curso a semana que vén

Continúa evolucionando positivamente o gromo de Santa Comba. A semana pasada a Xunta xa retiraba as restricións oficiais ao termo municipal xalleiro, cando os activos activos xa baixaran de 36 a 21. Hoxe o Concello informa de que son 15 casos positivos por coronavirus no Concello.

Se ben lembra as recomendacións sanitarias que cómpre seguir nun bando municipal, o Concello toma novas medidas ante a boa evolución dos datos.

  • Abrir ao público parques infantís, circuito de calistenia, pista multideporte, pista de pádel e pavillóns.
  • Abrir ao público as áreas recreativas.
  • Reanudar a Feira Municipal de Santa Comba o próximo luns 21 de setembro.
  • Apertura do curso escolar da Escola Infantil Municipal o próximo luns 21 de setembro.

Novas do gromo xalleiro