Venres. 26.04.2024
El tiempo

O gromo de Santa Comba aumenta ata 28 positivos e o Concello pecha todas as instalacións

Última hora [16.00]: Xa son 28 os positivos.
complexo-deportivo-municipal-fontenla-piscina_img335173t0
O Complexo deportivo de Fontenla, un dos edificios municipais que quedan pechados
O gromo de Santa Comba aumenta ata 28 positivos e o Concello pecha todas as instalacións

Xa son 25 os casos positivos de coronavirus confirmados en Santa Comba. Despois de que este pasado sábado o Concello confirmara 3 casos, as probas PCR realizadas aumentaba pronto o alcance ata os 11 casos. Esta mañá de martes, o Concello recoñece que son xa 25 os positivos confirmados, quedando aínda pendentes unha batería de resultados de novas PCRs.

O Concello toma medidas como o peche de parques infantís, o circuito de calistenia, a pista multideporte, a pista de pádel, pavillóns e piscina descuberta.

Ademais o Concello comezará a desinfección das rúas de xeito gradual, e ademais de pedir respecto e tolerancia, pide á veciñanza que respecte as recomendacións sanitarias.

Segundo fontes cercanas ao caso, o gromo xalleiro podería estar relacionado cos casos acontecidos en Muros ou Carnota, unha vez que son moitos os xalleiros que teñen a segunda residencia nesas zonas.

Novas dos últimos gromos

Comentarios