Venres. 25.09.2020
El tiempo

Xa son 11 os positivos do gromo de coronavirus de Santa Comba

Xa son 11 os positivos do gromo de coronavirus de Santa Comba

Este pasado venres o Concello de Santa Comba recoñecía 3 casos positivos de Covid19. Este sábado a cifra xa sobe a 11 casos, a maioría involucrados no mesmo gromo.

Aínda quedan resultados por chegar das PCR feitas estes días polo que o número podería seguir medrando.

Por iso o Concello pide prudencia, respecto e máximo cumplimento das recomendacións sanitarias. Ademais, piden non difundir nin apoiar comentarios que culpabilicen aos enfermos nin difundir bulos lonxe da realidade, magnificando os rumores.

O Concello suspende todas as actividades do Verán Lúdico, campamentos e todas as actividades municipais en curso.

comentarios