Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Laxe suma 3 positivos por coronavirus e o gromo de Santa Comba segue medrando

  • O gromo de Santa Comba aumenta ata 34 casos.
Laxe suma 3 positivos por coronavirus e o gromo de Santa Comba segue medrando

Hoxe é o Concello de Laxe o que ofrece información sobre os casos positivos que vai coñecendo da man da Consellería de Sanidade. O Concello recoñece que son 3 os veciñ@s do Concello que acaban de dar positivo en covid-19.

Aproveitan para lembrar que cómpre seguir as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, con “sentidiño”.

Gromo de Santa Comba

Paralelamente, o Concello de Santa Comba informa de que xa son 34 o casos do gromo xalleiro. O Concello vén de recordar as numerosas medidas de prevención, entre as que destaca o peche de todas as instalacións municipais.

Novas dos últimos gromos

comentarios