A Vía Céltica estrea as primeiras caixas de correos para o autoselado de credenciais peregrinas

A Asociación Costavales vén de instalar o primeiro peto para o selado das credenciais peregrinas no Hospital de Peregrinos de Carboeiro. Este é o primeiro dos 65 petos que instalarán no percorrido, deste xeito aos peregrinos resultaralle moito máis sinxelo conquerir os dous selos por día que o cabildo Compostelán existe para a obtención da Compostela.

O despoboamento que sufre o interior da Costa da Morte fai case misión imposible o selado da credencial pola falta de establecementos comerciais abertos o público", explica a entidade.

Dado que o itinerario da Vía Céltica discurre ao pé das igrexas Parroquiais, verdadeiras xoias patrimoniais dignas de visitar, a entidade acordou cos arciprestados a instalación destes petos nos adros das iglesias, de xeito que os peregrinos terán sempre un punto seguro para selar a credencial e visitarán os templos que definiron historicamente o itinerario da Vía Céltica.