Coñecendo a parte cabanesa da Vía Céltica

09:53 09/04/24
Non hai mellor maneira de fomentar o coidado do patrimonio que dándoo a coñecer. E con esa idea, a ACD Cormoráns convocaba unha camiñada para a veciñanza de Cabana pola Vía Céltica.
A ruta desenvolveuse ao longo deste itinerario xacobeo recentemente sinalizado polo goberno local coa finalidade de promover o turismo no municipio.
Na xornada, as persoas asistentes puideron gozar dunha alternativa de ocio saudable por recunchos de gran beleza paisaxística e mesmo coñeceron en primeira persoa a experiencia do proceso de moer o gran no muíño do Ferreiro.
Non faltaron os petiscos para repoñer forzas ao remate da actividade.