Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Piden á Xunta que axilice a oficialización da Vía Céltica

Encontro Deputacion Chovia Via Celtica BNG
O presidente da Asociación Costa Vales, Manuel Amigo, á dereita, cos membros do BNG xalleiro e provincial
Piden á Xunta que axilice a oficialización da Vía Céltica

Outro produto turístico creado pola veciñanza, neste caso pola Asociación Costavales, regalado ás administracións. Pero como no Camiño dos Faros, as administracións tardan en responder. 

Así acontece coa Vía Céltica, o sendeiro peregrino que une Compostela cos portos da Costa da Morte, que segue esperando a que a Xunta o  oficialice o Camiño.

Para esixilo, o resposable local do BNG de Santa Comba, Juan David Sixto, reuniu ao presidente da Asociación Costavales, Manuel Amigo, que tanto ten feito por este recurso patrimonial e turístico de "primeiro nivel para Santa Comba e para a Costa da Morte", cos membros do BNG provincial, Xosé Regueira, vicepresidente e responsable da área de Turismo da Deputación, o deputado de Patrimonio, Xosé Luis Penas, e a deputada de Cultura, Natividade González.

"A Vía Céltica é un recurso de especial interese para Santa Comba porque é o Camiño de Santiago que ten máis presenza no noso territorio e é necesario desenvolver iniciativas para a súa mellora e promoción", sinala Juan David Sixto que defende dúas liñas de actuación de carácter urxente para a protección e difusión da ruta. Sixto pide que o seu concello se implique na limpeza e broce dos camiños, algo que deberían facer todos os Concellos polos que pasa o sendeiro (Ames, Zas, Vimianzo, Laxe, A Laracha, Coristanco, Ponteceso, Malpica, Cabana de Bergantiños, Cee, Val do Dubra ou Camariñas), pero que ás veces non acontece, como vimos recentemente co Camiño dos Faros ao seu paso por Muxía.

En todo caso, e para evitar que a limpeza dependa da vontade do Concello de turno, instan á Xunta a "axilizar a oficialización da Vía Céltica que sería a mellor maneira para traballar na súa protección e promoción e mesmo para dar pasos decididos de colaboración dos distintos concellos que atravesa o trazado para traballar conxuntamente no futuro".

Máis novas

 

Comentarios