Volven sacar a licitación do estudio de mellora da estrada entre Coristanco e Santa Comba

20251031_Santa_Comba_Deputacion_mellora_estrada_DP-2904_ata_Coristanco-3

Xa fora unha promesa electoral do candidato do PSOE e actual alcalde. O pasado 2024 solicitaban un estudo, e finalmente parecía que fora encargado o pasado mes de xuño. Pero non, a Deputación da Coruña vén de de sacar a licitación, outra vez, desta volta cun orzamento de 21.139 euros, a redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na DP 2904, que conecta os municipios de Coristanco e Santa Comba. Concretamente, búscase mellorar os treitos comprendidos entre os puntos quilométricos 6,000 e 13,500 e dende o 15,300 ao 17,500.

O proxecto debe contemplar a mellora do trazado mediante a eliminación ou suavización de varias curvas sinuosas para, así, incrementar a seguridade na circulación, xa que se trata de puntos nos que se rexistraron múltiples accidentes nos últimos anos a pesar do bo estado do firme. Deste xeito, o groso da actuación estará centrado na redefinición do trazado nestes tramos.

A data límite para presentar as ofertas a través da plataforma de contratación pública é o 10 de novembro ás 23.59 horas.

Máis novas