Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O PSOE promete mellorar a estrada que une Coristanco e Santa Comba

SOCIALITAS DE CORISTANCO E SANTA COMBA 2
O PSOE promete mellorar a estrada que une Coristanco e Santa Comba

Esta fin de semana unha expedición formada polo PSOE provincial e membros dos partidos en Santa Comba e Coristanco visitou varias zona da estrada DP 2904 que une ambos concellos. Os candidatos a alcaldía de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, e Santa Comba, Alberto Romar, demandaron a mellora do trazado do vial, que conta con algún puntos especialmente perigosos onde se teñen producido accidentes.
Bernardo Fernández comprometeu que a Deputación da Coruña, titular da vía, encargará un estudo de mellora do trazado de cara a eliminar esas zonas perigosas e mellorar a seguridade nunha estrada que rexistra un elevado volume de tráfico ao conectar estas dúas localidades.

SOCIALITAS DE CORISTANCO E SANTA COMBA 2 2

Comentarios