Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Estudan variar o trazado de curvas perigosas na estrada de Santa Comba a Coristanco

Alberto Romar con Valetin Gonzalez Formoso
Estudan variar o trazado de curvas perigosas na estrada de Santa Comba a Coristanco

Tremendamente perigosa é a estrada provincial DP-2904, que une Santa Comba e Coristanco. De aí que o  alcalde de Santa Comba, Alberto Romar, se achegase á Deputación para manter unha reunión co presidente da Deputación, Valentín González Formoso, para solicitar unha revisión de varias das súas curvas máis perigosas.

Formoso comprometeuse a acometer unha actuación por fases coa prioridade de estudar a mellora da curva situada á altura de Amarelle, no quilómetro 17 da estrada. Trátase dun punto especialmente perigoso, para o que se analizará a viabilidade dun trazado alternativo.

Outro dos tramos sobre os que falaron o presidente e o alcalde é o das curvas situadas nas inmediacións de Almacenes Recarey, á altura de Padreiro, tamén no termo municipal de Santa Comba. Segundo explicou Valentín González Formoso, a actuación sobre este punto, situado no quilómetro 15 da vía, ocuparía o segundo lugar na orde de prioridades da Deputación á hora de acometer melloras na seguridade viaria da DP-2904.

Comentarios