A Trubisquiña artella un curso de fotografía con MR

Importante nunha bisbarra coma a nosa, con esta naturaza exhuberante e tan fotoxénica, aprender a manexar ben unha cámara. Así, a Asociación Cultural A Trubisquiña, de Vimianzo xa está artellando un novo curso de fotografía de nivel intermedio para o mes de febreiro. É un curso para o que xa fai falta algo de coñecemento, e será impartido polo fotógrafo carballés afincado en Cee, Marcos Rodríguez, que comezou o seu periplo fotoxornalístico en QPC e que agora traballa na Voz de Galicia.

O curso, aberto a todo o mundo e para o que fai falta cámara réflex, vai ser na Casa de Cultura de Vimianzo, os sábados de 11:00h a 14:00h.

Máis información e inscricións

Xa podes solicitar a inscrición no 620 100 845 ou en actrubisquinha@gmail.com.

Novas relacionadas

De viaxe con Marcos

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).