O Concello de Dumbría lanza un concurso foto anual


Non para o Departamento de Cultura do Concello de Dumbría. E se xa nos apuntamos aos cursos de inglés e mais á Escola de Teatro, hoxe nos anotamos aos concursos de Fotografía que están a artellar.
Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar a participación da cidadanía no coñecemento e difusión de Dumbría a través da imaxe. E para iso este certame fotográfico "Dumbría. 12 olladas", pretende recoller as mellores imaxes ao longo do ano a través da rede.
Para iso, cada mes estará adicado a unha temática, aproveitando ademais un dos hastag máis usados, e ben usados, no Concello:
- Xaneiro: #DumbríaéAuga.
- Febreiro: #DumbríaéVerde.
- Marzo: #DumbríaéCultura.
- Abril: #DumbríaéB/N.
- Maio: #DumbríaéCamiño.
- Xuño: #DumbríaéDeporte.
- Xullo: #DumbríaéSolpor.
- Agosto: #DumbríaéÚnica.
- Setembro: #DumbríaéTradición.
- Outubro: #DumbríaéArquitectura.
- Novembro: #DumbríaéPedra.
- Decembro: #DumbríaéNadal.
E para participar só será necesario enviar as túas fotos por correo electrónico a : turismodumbria@gmail.com antes do día 15 do mes seguinte. Cada mes está adicado a unha temática e comenzamos esta edición coa auga, podes retratar os ríos, a praia, as fontes..o que se che ocorra... mesmo a choiva!!.
Bótalle imaxinación e coas mellores fotos farán o calendario do ano 2015!!!...e para as fotos que máis "Me gusta" teñan no Facebook, dentro de cada temática un pequeno agasallo.
Máis información
Podes consultar as bases da edición e anímate a participar!!
- Bases do Certame de Fotografía "Dumbría. 12 olladas".
- Mail: turismodumbria@gmail.com.
- Facebook Concello De Dumbría.
Novas relacionadas
- Dumbría speaks in English.
- Dumbría arrinca coa súa Escola de Teatro con Talía.
- A Escola de Tecnificación do Atlético en Dumbría xa está lista para rodar.