A Trubisquiña artella un curso de fotografía con MR

08:20 22/01/14

Importante nunha bisbarra coma a nosa, con esta naturaza exhuberante e tan fotoxénica, aprender a manexar ben unha cámara. Así, a Asociación Cultural A Trubisquiña, de Vimianzo xa está artellando un novo curso de fotografía de nivel intermedio para o mes de febreiro. É un curso para o que xa fai falta algo de coñecemento, e será impartido polo fotógrafo carballés afincado en Cee, Marcos Rodríguez, que comezou o seu periplo fotoxornalístico en QPC e que agora traballa na Voz de Galicia.
O curso, aberto a todo o mundo e para o que fai falta cámara réflex, vai ser na Casa de Cultura de Vimianzo, os sábados de 11:00h a 14:00h.
Máis información e inscricións
Xa podes solicitar a inscrición no 620 100 845 ou en actrubisquinha@gmail.com.
Novas relacionadas
- Doble quenda para aprender fotografía en Dumbría con MR.
- O Concello de Dumbría lanza un concurso foto anual.
- Lires sacou a súa mellor cara por Nadal.
- Os novos sucesores de Ramón Caamaño teñen obxectivo da Costa.
- Ramón Caamaño xa ten sucesor.
- Marcos Rodríguez: “Busco a beleza de cada lugar xogando ca luz”.
De viaxe con Marcos
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).