A Carreira Solidaria das criaturas do San Vicenzo por Save the Children
14 de febreiro de 2020 (11:50 h.)
Fermosa a iniciativa da comunidade escolar do CEIP Plurilingüe San Vicenzo para axudar á ONG Save The Children. Cada ano artellan a Carreira Solidaria da man desta entidade internacional, que sempre se achega ao centro para facer un agracemento tanto ao centro como ás familias.
Así, gracias á colaboración das familias no patrocinio dos nenos e nenas nesta carreira, este ano a contía recadada chegou a 772,20 euros, que xa foron entregados á entidade.
Esta carreira é un fermoso xeito de concienciar ás criaturas da importancia de axudar, e de que coñezan que hai outras realidades ao longo do mundo.
Novas relacionadas
- Novembro 2019: A Carreira Solidaria do Alfredo Brañas lembrou a cruel realidade dos nen@s “rohingya”.
- Marzo 2019: Regueifa das 3R do alumnado de 4 anos do CEIP San Vicenzo de Vimianzo.
- 2018: O alumnos do CEIP San Vicenzo saen de visita por Vimianzo.