Luns. 16.12.2019
El tiempo

A Carreira Solidaria do Alfredo Brañas lembrou a cruel realidade dos [email protected] “rohingya”

Imaxes da simbólica Carreira Solidaria do CEIP Alfredo Branas
Imaxes da simbólica Carreira Solidaria do CEIP Alfredo Branas
A Carreira Solidaria do Alfredo Brañas lembrou a cruel realidade dos [email protected] “rohingya”

Este pasado venres 22 de novembro, dous días despois do Día Universal da Infancia o CEIP Alfredo Brañas de Carballo celebrou unha nova edición de Carreira Solidaria (xa son 13 os cursos consecutivos) en favor da organización “Save the Children”. Este ano dedicarase aos nenos e nenas rohingya, orixinarios de Myanmar (Birmania) e que habitan actualmente nun campo de refuxiados de Bangladesh.

A xornada contou coa presenza de Juan Guilló Jiménez, responsable de programas en centros escolares da ONG “Save the Children“ , que fixo entrega ao colexio dunha mención honorífica como “Centro Embaixador de Save the Children na defensa e promoción dos Dereitos do Neno” en recoñecemento as achegas anuais realizadas por todos e todas os alumnos e alumnas dende o curso 2007/08.

O pavillón polideportivo acolleu esta simbólica carreira, chea de familias, que axudaron ademais para recadar fondos para o ONG, pois os familiares do alumnado exercen como padriños e patrocinan aos corredores e corredoras cunha cantidade económica por volta ao circuíto marcado.

Comentarios