Domingo. 23.02.2020
El tiempo

O alumnos do CEIP San Vicenzo saen de visita por Vimianzo

O alumnos do CEIP San Vicenzo saen de visita por Vimianzo
edar-vimianzo O alumnado visitou as instalacións da EDAR e do Punto de Limpo de Vimianzo Un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de Primaria do CEIP San Vicenzo de Vimianzo sairon onte das aulas para coñecer o concello no que estudan. Concretamente visitaron as instalacións da EDAR e do Punto Limpo para ampliar os seus coñecementos sobre os procesos de abastacemento e limpeza das augas residuais e sobre os procesos de separación e reciclaxe de residuos como o papel, o vidro e outros residuos. Esta é unha saída coa que se pretende que o alumnado se achegue aos procesos que se desenvolven para preservar o entorno e tomen conciencia da importancia de producir menos residuos e de separar os que produzan dunha maneira adecuada. Fonte

comentarios