Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Carreira Solidaria das criaturas do San Vicenzo por Save the Children

Carreira Solidaria CEIP Vimianzo con Save de Children
A Carreira Solidaria das criaturas do San Vicenzo por Save the Children

Fermosa a iniciativa da comunidade escolar do CEIP Plurilingüe San Vicenzo para axudar á ONG Save The Children. Cada ano artellan a Carreira Solidaria da man desta entidade internacional, que sempre se achega ao centro para facer un agracemento tanto ao centro como ás familias.

Así, gracias á colaboración das familias no patrocinio dos nenos e nenas nesta carreira, este ano a contía recadada chegou a 772,20 euros, que xa foron entregados á entidade.

Esta carreira é un fermoso xeito de concienciar ás criaturas da importancia de axudar, e de que coñezan que hai outras realidades ao longo do mundo.

Novas relacionadas

Comentarios