Detido un home logo de roubar 3.000 litros de gasoil en Vimianzo

Un home de 49 anos foi detido na tarde do pasado luns, 8 de agosto, como suposto autor dun roubo de 3.000 litros de gasoil en Vimianzo. Foron axentes do Servizo de Policía Xudicial da Garda Civil de Betanzos, os que levaron a cabo a detención deste individuo, con enderezo no concello de Miño. As investigación chegaron ata esta persoa, logo de que as autoridades procuraran pistas durante máis de 15 días. O acusado roubou máis de 3.000 litros de gasoil nunha explanada que utiliza unha empresa vimiancesa para gardar o seu propio material. O surtidor foi forzado e o acusado trasladou o combustible a bordo dunha furgoneta, e dentro de dous depósitos. As autoridades non descartan que haxa máis detencións no caso. O detido conta con diferentes antecedentes policiais e xa pasou a disposición xudicial.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.