En marcha os menús arqueogastronómicos de Vimianzo
Os doce establecementos integrados na Rede de Hostaleiros do proxecto “Vimianzo. Do mar á terra” comezan este fin de semana a comercializar os menús e pinchos castrexos e medievais, así como os produtos elaborados de panadería e repostería. No caso dos menús, os castrexos teñen un prezo de 10€ e os medievais, de 20€.
Desde este venres 15 e durante todas as semanas de hoxe en diante, visitantes e turistas que se acheguen a Vimianzo poderán desfrutar da comida de antano e realizar unha ruta gastronómica pola historia a través do padal.
Vaixela de barro
Os comensais tamén teñen a opción de comprar a vaixela de barro de Buño na que se serven as preparacións, feita polo oleiro Fernando Cambón engadindo decoracións de cada época. O prezo das pezas é de 1 a 15€.
Listaxe de patros castexos, menús medievais, pinchos e produtos elaborados
Pratos Castrexos
- Casa Sabina: - Crema de trigo con froitos do mar e da terra. - Queixo fresco con mel e froitos secos .
- O Retiro de Barboles: - Sopa do Castro. - Ensalada de froitos con sopa de leite .
- O Castillo: - Potaxe castrexa. - Filloa rechea de compota de pera.
- Pastoriza: - Pote de trigo.
Menús medievais
- Vía Rápida: - Cordeiro de Deus. - Torta da Dama.
- Casa Sabina: - Garavanzos con peixe de rocha. - Pescada con setas e acelgas.
- O Retiro de Barboles: - Espetada de troitas. - Porco doce. - Castañas cocidas aromatizadas.
- O Castillo: - Ensalada da Marquesa. - Galiña medieval. - Biscoito de salvado e noces.
- Pastoriza: - Mexillóns de campo. - Pescada en cama de verza. - Follado do bosque do Marqués.
Pinchos
- Casa Sabina.
- Celme Café.
- Casa Landeira.
- Café Bar Requeiro.
- Quilmes.
Venta de produtos
- Panadería Sampedro: Empanada castrexa, Bolo lonxevo e Biscoito medieval.
- Panadería Antoxos: Empanada de mexillóns e Biscoito de améndoas.
- Pan Ignacio: Trenza de pan de trigo do país e centeo, Empanada de trigo de vieiras e Biscoito de castañas.
Máis información
Novas relacionadas
- Vimianzo prepárase para viaxar no tempo a través do padal.
- A arqueograstronomía estará nos menús de 12 establecimentos vimianceses.
- Os hostaleiros de Vimianzo coñeceron a oferta de turismo gastronómico de Arousa.
- Novas xornadas de formación para hostaleiros en Vimianzo e Malpica.
- Malpica, o porto dos soños, o mar de Sisargas.
- Un concurso xornalístico para divulgar a arqueogastronomía soneirá dentro de Do mar á Terra.
- Completo mes de setembro no proxecto Do Mar á Terra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).