Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A arqueograstronomía estará nos menús de 12 establecimentos vimianceses

A arqueograstronomía estará nos menús de 12 establecimentos vimianceses
Pan Antelo e Tasende presentando o proxecto Do Mar a Terra

Dos case 250.000 menús que cada ano se serven nos restaurantes de Vimianzo, desde este outono, moitos deles terán sabor castrexo e medieval grazas ao proxecto de dinamización turística financiado con fondos europeos “Vimianzo. Do mar á terra”.

12 serán os establecementos hostaleiros de Vimianzo que ofrecerán desde mediados de novembro delicias inspiradas na Idade do Ferro e Medieval. Así poderán poñer en marcha as máis de 100 horas de formación en materia gastroarqueolóxica. Os establecementos integrados na Rede son Casa Sabina, O Retiro de Barboles, restaurantes Pastoriza, O Castillo, Vía Rápida, Celme Café, Casa Landeira, Café Bar Requeiro, Quilmes e as panaderías Sampedro, Antoxos e Pan Ignacio.
Ademais destes menús o proxecto inclúe a elaboración e deseño dun receitario con pratos castrexos e menús medievais. Un recetario que contará co asesoramento do cociñeiro Miguel Silvarredonda e dos malacólogos, Víctor Bejega García e Eduardo González Gómez de Agüero, doctorandos da Universidade de León.

Platos novedosos

Pescada en verza con cabaza, mexillóns con herbas aromatizadas, crema de fariña de trigo con orella e mexillóns, potaxe castrexo, empanada medieval,… son algunhas das delicias que se degustarán na Rede de Hostaleiros de Vimianzo a partir de mediados de novembro.
As novas elaboracións culinarias dos restauradores vimianceses tamén están dispoñibles en versión audiovisual na páxina web do proxecto baixo o nome de “Telerreceitas”.

Ademais, o vindeiro venres 8 está prevista a organización dunha demostración culinaria en vivo no castelo de Vimianzo durante a que se elaborarán varias das receitas referidas.

Un pouco de historia: Menos xabaril e máis peixe

E dende o proxecto nos contan todas estas cousas interesantes: En contra da imaxe que se ten da época castrexa, máis que de xabaril, os nosos antepasados alimentábanse de vexetais, leguminosas e cereais que en Vimianzo, pola proximidade co mar, se complementaban con moluscos e peixes, ademais dalgunhas proteínas da carne ou dos lácteos. De feito, o mar ten unha grande importancia na época castrexa, chegando incluso a importar os seus produtos ao interior, igual que acontecería máis tarde na época medieval desde os portos de Laxe, Camariñas ou Muxía.

O mar sempre está presente na gastronomía vimiancesa, pero sobre todo no Medievo por imposición da relixión católica e a prohibición de non comer carne nos máis de 70 días de Coresma do ano. Se algo caracterizou á comida desta época foi o uso de especias e salsas ácidas, quizais para enmascarar o mal olor dos alimentos, ou as técnicas de conservación do peixe como o secado, o salgado, o afumado ou o escabechado. Adoptáronse costumes que hoxe conserva a cociña tradicional galega como poñer ensaladas antes das comidas, acompañar a carne e o peixe con vexetais en lugar de ao revés, como se facía na Idade do Ferro. Seguiron preparando guisos e sopas, pero xa é habitual atopar pratos a base dun peixe enteiro, moluscos cocidos ou o aproveitamento das sobras en forma de albóndegas ou empanadas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios