Vimianzo prepárase para viaxar no tempo a través do padal


Xa se pode palpar nas mesas dos restaurantes. O proxecto Vimianzo. Do mar á terra presentábase o pasado venres no Castelo de Vimianzo, e arrinca en clave de gastronomía. Máis concretamente, arqueogatronomía, mesturando a riqueza patrimonial das terras de Soneira coa arte culinaria dos seus establecimentos.
Deste xeito, unha das accións desta iniciativa de dinamización turística consistiu na recuperación da gastronomía castrexa e medieval grazas á colaboración con doce hostaleiros locais (integrados na Rede de Hostaleiros "Vimianzo. Do mar á terra") e o asesoramento de dos malacólogos Víctor Bejega e Eduardo González; e o cociñeiro, Miguel Silvarredonda.
Así, que a partir da próxima semana, estes restaurantes, bares ou panaderías servirán ou venderán preparacións castrexas e medievais. Nos restaurantes, os pratros castrexos terán un prezo de 10€ e os menús medievais, de 20€. Os comensais, ademais de facer esa viaxeno tempo a través do padal, tamén poderán comprar a vaixela de barro de Buño na que se presentan as elaboracións gastronómicas.
Presentación
Foi o alcalde de Vimianzo, Manuel Anteloo presentador, e estivo presente o xerente do GAC, Guillermo González Díez; e os asesores do proxecto, os malacólogos e doctorandos da Universidade de León, Víctor Bejega García e Eduardo González Gómez de Agüero; o cociñeiro Miguel Silvarredonda; e os doce empresarios integrados na Rede de Hostaleiros. Entre os asistentes estaban tamén un grupo de xornalistas especializados en turismo e gastronomía que durante dous días coñecerán o proxecto e visitarán Vimianzo e a Costa da Morte. Os medios asistentes son os blogs 2 Viajes en el objetivo, Vivir Galicia e Diario del Viajero, o diario online de viaxes expreso.info e o programa da Radio Galega Come e fala.
Durante a súa intervención, os malacólogos calificaron de “hito” e “recurso espectacular” o proxecto de Vimianzo porque supón trasladar ao papel, das súas teses, á realidade as investigacións que levaron a cabo durante moito tempo. Pola súa parte, o alcalde de Vimianzo tamén se mostrou moi ilusionado co proxecto, agardando que “isto non sexa o remate, senón o comezo dunha nova etapa”.
Tras o evento, realizouse unha degustación no Castelo de Vimianzo na que os establecementos da Rede de Hostaleiros serviron algúns dos menús, pinchos e produtos de panadería castrexos e medievais que se servirán ou venderán nos seus locais. Así, desde este outono, os comensais que paren a comer en Vimianzo poderán facer unha viaxe no tempo a través do padal. Hai que recordar que cada ano, nos restaurantes de Vimianzo se serven case 250.000 menús.

Arqueogastronomía e ecogastronomía
As recetas dos pratos castrexos (Idade do Ferro) e menús medievais están incluídas nun receitario realizado polos propios hostaleiros vimianceses co asesoramento do cociñeiro Miguel Silvarredonda e dos malacólogos, Víctor Bejega García e Eduardo González. As novas elaboracións culinarias dos restauradores vimianceses tamén están dispoñibles en versión audiovisual na páxina web do proxecto (www.domaraterra.com) baixo o nome de “Telerreceitas”.
Os establecementos integrados na Rede son Casa Sabina, O Retiro de Barboles, restaurantes Pastoriza, O Castillo, Vía Rápida, Celme Café, Casa Landeira, Café Bar Requeiro, Quilmes e as panaderías Sampedro, Antoxos e Pan Ignacio.

Listaxe de patros castexos, menús medievais, pinchos e produtos elaborados
Pratos Castrexos
- Casa Sabina:
- Crema de trigo con froitos do mar e da terra.
- Queixo fresco con mel e froitos secos . - O Retiro de Barboles:
- Sopa do Castro.
- Ensalada de froitos con sopa de leite . - O Castillo:
- Potaxe castrexa.
- Filloa rechea de compota de pera. - Pastoriza:
- Pote de trigo.
Menús medievais
- Vía Rápida:
- Cordeiro de Deus.
- Torta da Dama. - Casa Sabina:
- Garavanzos con peixe de rocha.
- Pescada con setas e acelgas. - O Retiro de Barboles:
- Espetada de troitas.
- Porco doce.
- Castañas cocidas aromatizadas. - O Castillo:
- Ensalada da Marquesa.
- Galiña medieval.
- Biscoito de salvado e noces. - Pastoriza:
- Mexillóns de campo.
- Pescada en cama de verza.
- Follado do bosque do Marqués.
Pinchos
- Casa Sabina.
- Celme Café.
- Casa Landeira.
- Café Bar Requeiro.
- Quilmes.
Venta de produtos
- Panadería Sampedro: Empanada castrexa, Bolo lonxevo e Biscoito medieval.
- Panadería Antoxos: Empanada de mexillóns e Biscoito de améndoas.
- Pan Ignacio: Trenza de pan de trigo do país e centeo, Empanada de trigo de vieiras e Biscoito de castañas.
Máis información

Novas relacionadas
- A arqueograstronomía estará nos menús de 12 establecimentos vimianceses.
- Os hostaleiros de Vimianzo coñeceron a oferta de turismo gastronómico de Arousa.
- Novas xornadas de formación para hostaleiros en Vimianzo e Malpica.
- Malpica, o porto dos soños, o mar de Sisargas.
- Un concurso xornalístico para divulgar a arqueogastronomía soneirá dentro de Do mar á Terra.
- Completo mes de setembro no proxecto Do Mar á Terra.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).