En Vimianzo, os artistas son da casa
Menuda panda de artistas coa que conta Vimianzo. Xa nos teñen acostumado, pero ver enriba do estrado aos artistas locais sempre é unha boa nova, máis nesta Galicia onde tan difícil é ser profeta na túa terra. Esta fin de semana Vimianzo vibrou coa súa xente, coa súa arte. De dous xeitos distintos, un en plan serio, con música da boa; e outra en clave friki...
Unha de música de verdade
Arrincaba o mes da Música na Programación Cultural continua do Concello de Vimianzo. E arrincaba co esperado concerto de músicos de Vimianzo na Casa da Cultura.
A Charanga Escándalo foi a encargada de romper o xeo e foron os primeiros en recibir os aplausos tras a interpretación de temas ben coñecidos polo público.
Os seguintes en demostrar o seu talento foron os cantantes xa ben coñecidos polo público vimiancés: Jaime de Vilaseco e Rosa Oreiro que foron alternando a súa actuación.
Un cambio total de estilo o dos mozos vimianceses Os Troitamundos que fixeron cantar ao público o coñecido Bailaré sobre tu tumba, de Siniestro total.
Pecharon a xornada musical os acordeonistas de Pasarela Aserrín e viruta acompañados polo profesor Jacinto Paredes, que interpretaron Palomita-inspiración, Ella e Islas Canarias.
Canto Frikismo
Sen dúbida, "Vimianzoo" é capital friki da Costa da Morte. E cada ano o demostra a A.X. Cherinkas con esta Frikifesta que xa é toda unha lenda na bisbarra. Unha desas citas entroideiras nas que cómpre deixar a vergoña na casa.
Os disfraces foron os protagonistas, e as actuacións da orquestra Troco e da Disco Móbil permitiu que a festa durase ata altas horas. Antes houbo sorpresas agradables, como a que lle ocorreu a Damián Espasandín, un dos Ghañan Style, que se atopou cun rapaz disfrazado das personaxes vimiancesas!!
Novas relacionadas
- Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo.
- Vimianzo volve apostar pola Programación Cultural continua.
- Os frikis invaden Vimianzo.
- Frikifesta 2010: 9 vídeos da orixinal Frikifesta da Cherinkas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Concello de Vimianzo.