sábado. 17.05.2025
El tiempo

En Vimianzo, os artistas son da casa

En Vimianzo, os artistas son da casa

Menuda panda de artistas coa que conta Vimianzo. Xa nos teñen acostumado, pero ver enriba do estrado aos artistas locais sempre é unha boa nova, máis nesta Galicia onde tan difícil é ser profeta na túa terra. Esta fin de semana Vimianzo vibrou coa súa xente, coa súa arte. De dous xeitos distintos, un en plan serio, con música da boa; e outra en clave friki...

Unha de música de verdade

Gran entrada para ver a actuacion de artistas locais en Vimianzo-Foto-Roberto Rua

Arrincaba o mes da Música na Programación Cultural continua do Concello de Vimianzo. E arrincaba co esperado concerto de músicos de Vimianzo na Casa da Cultura.

A Charanga Escandalo en Vimianzo-Foto-Roberto Rua

A Charanga Escándalo foi a encargada de romper o xeo e foron os primeiros en recibir os aplausos tras a interpretación de temas ben coñecidos polo público.

Jaime e Rosa en Vimianzo-Foto-Roberto Rua

Os seguintes en demostrar o seu talento foron os cantantes xa ben coñecidos polo público vimiancés: Jaime de Vilaseco e Rosa Oreiro que foron alternando a súa actuación.

Os Troitamundos en Vimianzo-Foto-Roberto Rua

Un cambio total de estilo o dos mozos vimianceses Os Troitamundos que fixeron cantar ao público o coñecido Bailaré sobre tu tumba, de Siniestro total.
Pecharon a xornada musical os acordeonistas de Pasarela Aserrín e viruta acompañados polo profesor Jacinto Paredes, que interpretaron Palomita-inspiración, Ella e Islas Canarias.

Acordeonistas de Vimianzo en Vimianzo-Foto-Roberto Rua

Canto Frikismo

A familia de Mario Bros na Frikifesta de Vimianzo

Sen dúbida, "Vimianzoo" é capital friki da Costa da Morte. E cada ano o demostra a A.X. Cherinkas con esta Frikifesta que xa é toda unha lenda na bisbarra. Unha desas citas entroideiras nas que cómpre deixar a vergoña na casa.

Os disfraces foron os protagonistas, e as actuacións da orquestra Troco e da Disco Móbil permitiu que a festa durase ata altas horas. Antes houbo sorpresas agradables, como a que lle ocorreu a Damián Espasandín, un dos Ghañan Style, que se atopou cun rapaz disfrazado das personaxes vimiancesas!!

As cazapantasmas na Frikifesta de Vimianzo

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios