#Eupecho: A hostalería e o comercio de Baio, Vimianzo e Ponteceso botaron o peche

O Comercio de Baio botou o peche este luns 28 de marzo

As rúas de Baio, Vimianzo e Ponteceso erguéronse este luns con agrio sabor a domingo. Establecimentos pechados, pouca xente pola rúa, prazas de aparcamento libres… Ambiente desolador provocado pola fntástica a resposta do comercio e da hostalería á convocatoria de peche da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira. #EuPecho, a campaña para loitar contra os prezos da luz e dos carburantes, e para combater a caída do poder adquisitivo do cidadán medio, está a ter un resultado máis que satisfactorio nas tres vilas, pero tamén en Malpica, Laxe, Arteixo… onde foron moitos os que colgaron o cartel do #Eupecho.

Rúas baleiras por Baio

“Eu Pecho, sin clientes non hai comercio” sinala o cartel da Parafarmacia de Baio, onde o 90% da hostalería e o comercio non abren hoxe as súas portas. Apenas os supermercados mantiveron as portas abertas, se ben se uniron ao parón dentistas, fisioterapeutas e xestorías.

En Ponteceso o peche roza o 100% e ata a gasolinera amosou o seu apoio mantendo só operativo un surtidor.

Foron moitos os que ademais participaron na concentración celebrada ás 11:30h na praza do Concello de Vimianzo. A de Baio será ás 16:30h.

Moita participación na concentración vimiancesa

”Algún día teremos que pagar para poder ir traballar”, aseguraban estes días ante os abusivos prezos dos costes dos servizos básicos. “A luz e o combustible non é un luxo, é un ben de primeira necesidade. E queremos: PODER VIVIR, sen moitos luxos, pero vivir tranquilos”, explican mentres piden aos políticos que fagan algo.

Novas relacionadas