Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os comercios da comarca apagaron a luz

A Parafarmacia de Baio a media luz
A Parafarmacia de Baio a media luz
Os comercios da comarca apagaron a luz

Se por Corme foron @s veciñ@s @s que saíron a rúa, por Baio, Vimianzo, Ponteceso e outros puntos da comarca, foron os comercios os que decidiron facer unha acción simbólica contra a subida dos prezos da enerxía. A proposta foi a de abrir os comercios sen acender a luz, e como recoñecen os convocantes, “a iniciativa tivo moi boa acollida, e houbo alta participación”, chegando novas de que ata Arteixo houbo comercios que así o fixeron.

A xente amosouse moi receptiva ante a iniciativa. Se ben ao principio “a xente pregunta se está aberto ou non”, explñicanos Tatiana Rellán da Parafarmacia de Baio, “unha vez que llo explicas todo o mundo o entende”. Si que houbo que acender, cando menos, unha pequena liña de iluminación cando se comprobou que a clientela tiña que sacar a linterna do móbil para mirar os produtos…

A loita continúa e mesmo están barallaando en propoñer un apagón diario de 1 hora, unha vez que comproban que nas palabras dos políticos nunca aparecemos os consumidores finais, que somos os que máis estamos sufrindo o asunto, e piden unha regulación do prezo da enerxía.

Novas relacionadas

Comentarios