Fraude Forestal: Afectados acusan á Xunta

Ante os novos casos aparecidos en agosto do Fraude nas Axudas Forestais na Costa da Morte, Federación Rural Galega (FRUGA) convocaba unha asemblea informativa para afectados o pasaro martes en Vimianzo.

Presentábanse en Vimianzo uns 40 afectados, que recordaron que as culpables son as administracións públicas implicadas, unha vez que consideran insuficiente as excusas da Xunta.

Dende a FRUGA solicitouse a intervención dun Fiscal superior para que leve o caso, ante a gravidade do mesmo, ao tempo que a entidade continúa presentando instancias nos Concellos para conseguir os seus apoios. Os afectados esperan que o caso non se eternice nos xulgados de Corcubión.

Participou, ademais da Fruga, a representante do BNG Tareixa Paz, que animou a que todo o mundo denuncie o seu caso abertamente. Con todo Paz non cre que a Xustiza investigue o funcionamento da administración se non que analizará delitos concretos.

Novos casos de fraude

Teñen aparecindo novas solicitudes de subsídio semellantes ás dos primeirod meses, e mesmo voltan a aparecer persoas falecidas que mesmo chegan a “pagar” facturas meses despois do seu pasamento. Hai outros expedientes con numerosas deficiencias que non impediron a súa aprobación por parte da Administración, o que indica que "dependendo do técnico que realice a visita de campo, as parcelas incluídas son unhas ou outras, independentemente das que figuren na solicitude de axuda, polo que as superficies medran e minguan sen que a ninguén na Administración lle resulte extraño".

"Máis curiosa", continúan, "tamén resulta a inclusión de parcelas a nome de particulares e que, segundo resulta da información facilitada por Catastro, pertencerian a distintas empresas da comarca, entre elas a eólica Eurovento".
Outras parcelas presentadas non eran subsidiables pois xa foran forestadas.

Así, antes estas "imprecisións (por chamarlles dalgunha maneira)" a FRUGA reclama que "a Xunta deixe de eludir as suas responsabilidades e clarexe estas actuacións".

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • La Voz.