Luns. 09.12.2019
El tiempo

12m15m: Mareas de xente de todas as idades volven á rúa en toda Galicia

12m15m: Mareas de xente de todas as idades volven á rúa en toda Galicia

Máis de 30.000 persoas en toda Galicia, por moito que se empeñen as adminstracións, corpos policíais e a prensa tradicional, volveron á rúa un ano despois. O 12 de maio celebrou un ano de loita do movemento 15 convertindo o hastag 12m15m en Trending Topic (o máis comentado no twitter) durante toda a fin de semana.

Volveron resoar os cánticos de "Non nos representan", "O chaman democracia e non o é", ou "O capitalismo é o terrorismo".

8.000 na Coruña, case 5.000 en Santiago, unhas 10.000 en Vigo... e varios milleiros entre Ourense, Ribadeo, Lugo... entoaron tomaron as prazas. As cifras medran se expandimos o ollo a toda a península, e en Madrid e Barcelona a administración reduce mesmo os 40.000 que apunta a Policía, fronte os case 300.000 que prantexan os convocantes.

Cifras que demostran que a loita do movemento cidadán segue moi viva. Un movemento ademais que cada día se escapa máis do tópico "perro flauta", como os medios máis xeneralistas queren facer crer. Exemplos puidemos ver ducias na Coruña, por exemplo, onde a presencia de xubilados foi maior que mesmo no inicio do movemento.

Un exemplo, o bo de Nicanor, que aos seus recén cumpridos 73 anos é un dos líderes da loita na Acampada Coruña.

Contra os abusos dos bancos

Cómpre destacar a labor da Asociación Adicae, que loita contra os abusos dos bancos, unha das reivindicacións máis claras do movemento cidadán.

En Sol

Se ben as manifestacións foron pola tarde, a Praza de Sol estivo chea ata ben entrada a madrugada. Un berro de silencio as 0:00h resoou en todo o país, coas mans ben arriba para protestar, rematando cunha explosión de pitos e aplausos.
Ademais, había expectación por saber que as prazas serían tomadas de novo con acampadas, como ocorrera o ano pasado. Pero desta volta o goberno non o ía permitir, e ás 5:00h tomaban Sol, segundo denuncian os colectivos implicados, "a porrazo limpo".

O caso é que efectivamente a chama segue prendida. Que esto é unha carreira de fondo, que as "acampadas" (ou grupos organizados) continúan artellando charlas informativas polos barrios e polas vilas. Mágoa que na Costa da Morte non haia un grupo que se pronuncie.

  • Completaremos a nova cunha galería no noso Facebook, e traeremos ao longo da semana un vídeo da manifestación na Coruña.

Máis info

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios