Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Máis de 130 afectados polas Preferentes dan a cara

Máis de 130 afectados polas Preferentes dan a cara

O pasado venres 3 de agosto reuníronse unhas 130 persoas de afectados polas preferentes e subordinadas da Costa da Morte, provintes dende Muros a Laracha. Outros moitos, tanto por motivos de traballo, saúde ou simplemente pola incapacidade física de trasladarse quedaron a espera das novas que xurdiran da xuntanza.

Na reunión explicouse as consecuencias xurídicas das malas praxis bancarias, efectuados pola actual NGB. Así o avogado Agenor Gómez, experto en dereito bancario, fixo unha ampla intervención.

Gran parte da reunión serviu para que, persoa por persoa, puidesen revisar a documentación que levaban e ser conscientes das cláusulas abusivas reflexadas nos contratos, e por o contrario, en lugar de significar produtos a prazo fixo sen risco e dispoñibilidade inmediata, significan, perdas cuantiosas e nula disponibilidade dos fondos.

Ademais, tras analizar as posibles vías de solución a meirande parte dos vciños escolleron o procedemento “artificial” da arbitraxe, para ir sentando as bases dunha presumible demanda colectiva nos xulgados de aqueles clientes, que non son considerados no proceso arbitral (entre un 80-90 dos afectados) ou que no proceso de conversión a quita aplicada sexa elevada (entre o 30 e o 50%).

Un perfil inversores?

Calquera que asistira a reunión, daríase perfecta conta que o perfil dos asistentes no eran de inversores, senón de pequenos aforradores, xa conscientes do “corralito” onde teñen metidos os seus aforros. Denotar, que unha gran parte dos casos que contactaron coa Plataforma, teñen idades elevadas ou, falla de movilidade, que lles resultou imposible trasladarse ata Cee.

Posibles Solucións

Pola contra, as solucións non están nun contexto claro, eficaz e transparente.

Por un lado a arbitraxe, neste caso un procedemento feito a medida e coas condicións impostas por NGB, con adaptacións dos actos conciliatorios da arbitraxe, só co obxecto de permitir aplicar parte dos fondos europeos (só admiten devolución íntegra derivada de laudo o sentenza) a parte dos afectados, con perfís moi definidos, que veñen a coincidir con aqueles que nos xulgados son casos perdidos.

Por outro lado, a vía xudicial. Actualmente existen varias demandas en marcha, que sentarán as bases para que outros moitos vaian detrás e que destaparán as formas e modos, así como a tipoloxía da variedade de produtos de alto risco, “colocados sen tapuxos” a depositarios de aforros e sen perfís especulativos.

A conversión a finais de ano en previsión, cun nivel de quita elevado, que vén coma resultado da consideración dos clientes, de pseudoaccionistas que deben soportar a recapitalización dun Banco, que demostrará o pouco mimo que ten os seus clientes fieis, xa que trasladaralle o peso da súa mala xestión.

Queres unirte?

A plataforma seguirá a coordinarse por zonas (Muros-Carnota, Cee-Corcubión, Xallas, Bergantiños, Carballo…), tendo periodicamente xuntanza os coordinadores de zona.

Calquera persoa interesada en ter máis información e adherirse á Plataforma de afectados participacións preferentes Costa da Morte pode contactar:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios