O II Foro ‘Alza Voz de Muller’ arrinca en Vimianzo cunha primeira xornada centrada no liderado e no emprendemento feminino no rural

A Casa da Cultural de Vimianzo acolle estes venres e sábado o II Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte “Alza Voz de Muller”; unha cita xa consolidada como un espazo para a reflexión, o intercambio de experiencias e o impulso do talento feminino.

O foro arrincou cunha sesión inaugural na que interviron Mónica Rodríguez, Alcaldesa de Vimianzo; Julio E. Abalde, Subdelegado do Goberno na Coruña; María Quintiana Pérez, Directora Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia; Rosa Ana García, Deputada Provincial da Deputación da Coruña; e Lorena Añón, Vicerreitora de Estudantado, Igualdade, Diversidade e Benestar da USC.  Todos destacaron a importancia de crear e fortalecer espazos de encontro como este que contribúan a visibilizar o papel das mulleres no desenvolvemento do rural e a fomentar novas oportunidades de liderado.

Na súa intervención, a Alcaldesa Mónica Rodríguez destacou a importancia que ten para un Concello como o de Vimianzo organizar este tipo de encontros. “Vimianzo é un territorio con carácter e con identidade e non é casualidade que Alza Voz de Muller se celebre no noso municipio”, resaltou.

Mónica Rodriguez 

 

 


“Este encontro representa unha oportunidade para visibilizar o papel  esencial das mulleres no desenvolvemento do rural galego e para seguir  avanzando cara a unha sociedade máis igualitaria e con máis  oportunidades”, sinalou o sudelegado do goberno Julio Abalde durante a súa intervención.

Julio Abalde

Pola súa banda, Rosa Ana García agradeceu ao Concello de Vimianzo e á súa alcaldesa o impulso deste foro, “un espazo necesario para poñer o foco onde tantas veces non se pon: nas voces das mulleres que durante demasiado tempo tiveron que abrirse camiño con máis esforzo, máis obstáculos e menos recoñecemento”.
A deputada subliñou que o rural “é un territorio de futuro” grazas ao traballo de mulleres emprendedoras, profesionais, autónomas, empresarias, traballadoras, responsables públicas, representantes de asociacións e creadoras de proxectos. “Temos talento, capacidade, liderado e vontade de transformar a realidade”, afirmou.

Rosa Ana García

Baixo o lema “Da consciencia á acción”, esta primeira xornada estivo marcada polas diferentes poñencias de contidos inspiradores e de alto valor práctico.

Sábado, 9 de maio

O II Foro Alza Voz de Muller continúa mañá sábado durante todo día cunha intensa programación que incluirá relatorios, talleres e espazos de networking, coa participación de destacadas profesionais do ámbito da comunicación, o emprendemento entre as que están  Gemma Fillol e Nuria Robleño.

A continuación detallamos o programa de mañá sábado:

  • 9:45h: Apertura de portas e acreditación
  • 10:00h: Mesa de diálogo “Facer política sendo Muller: poder, exposicióin e responsabilidade”.
    • Belén do Campo. Delegada provincial da Xunta de Galicia.
    • Patricia Iglesias. Parlamentaria do Grupo Socialista en Galicia.
    • Mercedes Queixas. Deputada do Parlamento de Galicia polo BNG.
  • 11:00h: Poñencia “Non é casual o poder do ritual: o poder dos rituais nun mundo que nos quere esgotadas”. Gemma Fillol
  • 12:00 h: Pausa café
  • 12:30 h: Poñencia “Se non te ven, non existes: visibilidade, marca persoal e exposición dixital”. Nuria Robleño
  • 13:30 h: Almorzo
  • 15:30h: Mesa de diálogo “O sistema non é neutro: barreiras invisibles no emprendemento e no emprego”.
    • Eva López Barrio. Responsable do Programa Woman Emprende
    • Rosa Arcos. Promotora e socia fundadora de FADEMUR
    • Patricia Vilán. Secretaria Xeral da FEGAMP
  • 16:30h: Obradoiros experienciais
    • Da idea á acción: empezar sen permiso. Liderado por Nuria Robleño.
    • Sosterse sen romper: Sostibilidade, cartos e enerxía. Liderado por Gemma Fillol
    • Liderar a túa carreira: decisión, límites e poder persoal. Liderado por Eva López
  • 18:00h: Dinámica participativa de peche: “E agora que? Redes, alianzas e futuro compartido”
    • Manuela Gómez. Representante de Executivas de Galicia
    • Rosa Arcos. Representante de FADEMUR
    • Eva López Barrio. Responsable de Woman Emprende
    • Beatriz Gallart. Representante de Todas Nós
  • 19:00h: Peche institucional

Máis novas