luns. 09.06.2025
El tiempo

Ponentes de todo o estado alzaron a voz da Muller no Foro de Liderado Feminino de Vimianzo

VIMIANZO - ALZA VOZ DE MULLER 3 copia
Ponentes de todo o estado alzaron a voz da Muller no Foro de Liderado Feminino de Vimianzo

Convertiuse esta fin de semana Vimianzo na capital do liderado Feminino. Este histórico I Foro de Liderado Feminino no Rural da Costa da Morte ‘Alza Voz de Muller’, reuníu a 120 mulleres de diferentes puntos da nosa comunidade co propósito de facer redes e compartir un espazo no que expoñer experiencias propias así como analizar os retos aos que se enfrontan as mulleres nos diferentes ámbitos. Un evento de gran trascendencia para unha zona rural como a nosa, conseguindo traer ponentes moi potentes a nivel estatal, e convertindo o rural en capital do emprendemento feminino.

As rexedoras

VIMIANZO - ALZA VOZ DE MULLER alcaldesas

Tiveron protagonismo catro alcaldesas da Costa da Morte. Mónica Rodríguez, Margarita Lamela, Sandra Ínsua e Áurea Domínguez; xunto con María Barral, alcaldesa de Betanzos e vicepresidenta executiva da FEGAMP; e Rocío López, concelleira de Igualdade en A Laracha; foron as encargadas de abrir a xornada nunha mesa redonda na que analizaron os retos e os desafíos cos que se atopan no seu día a día pola condición de ser muller.

Todas coincidiron na importancia que teñen os valores que lles transmitiron e a unión con outras mulleres poñendo enriba da mesa a necesidade de crear máis encontros entre políticas co fin de poder compartir experiencias.

Falando de cartos

A xornada continuou co relatorio de Yolanda Domínguez, que centrou a súa intervención en expoñer aqueles tabús aos que se enfrontan as mulleres, como, por exemplo, a relación co diñeiro. Baixo o título ‘As mulleres facturan’ abordou cuestións como a autonomía económica, a cultura do diñeiro e a importancia de romper coa idea de que o diñeiro non é cousa de mulleres

A nota de humor da mañá chegou da man de Teté Teatro, que a través dun sketch reivindicaron as realidades cotiás as que fan fronte moitas mulleres. O grupo local serviu de antesala para a intervención de Laura Sagnier, activista pro-equidade que acuñou o termo ‘lousa de formigón’. Precisamente, durante o seu relatorio centrouse nese gran peso que teñen que soster moitas mulleres.

O foro Alza Voz de Muller, organizado polo Concello de Vimianzo en colaboración coa Deputación da Coruña, ofrece tamén espazos no que as participantes poden conectar e facer redes entre elas. A pausa para o almorzo e networking é un dos exemplos.

Xa pola tarde, tras unha mesa redonda na que Obdulia Taboadela, profesora titular da UDC e experta en mercado de traballo e estudos de xénero; María Fornet e Yolanda Domínguez, espiron os mitos, crenzas e mandatos de xénero no ámbito laboral e no emprendemento, chegaban unha das ponentes máis esperadas. O relatorio ‘Redes, alianzas e poder colectivo’ da psicóloga, mentora de negocio e escritora María Fornet, que demostrou por que é unha das mellores comunicadoras do estado, afondando sobre a importancia de tecer redes entre mulleres profesionais e emprendedoras para transformar realidades.

O Foro remataba cunha mesa de diálogo final con Gema Domínguez, xestora de comunicación de Coca-Cola Europacific Partners; Tamara Conesa, orientadora laboral e representante da Fundación Mulleres; Isolina Raña, presidenta da Asociacion de Empresarias Rurais; e Manuela Gómez, representante de Executivas de Galicia, serán as protagonistas.

Comentarios