Vimianzo volve apostar pola programación continua para o outono

Xa temos programa para os vindeiros 3 meses de outono no Auditorio de Vimianzo. Unha programación que continúa despois de varios anos de fomento da cultura na comarca de Soneira, i é que está máis que demostrado, que os programas longos, cando o veciño sabe que o domingo hai función, teñen máis éxito.

Deste xeito, os domingos de aquí ao Nadal estarán tinguidos de representacións teatrais e musicais. Ao Auditorio soneirán achegaranse figuras de primeira liña da escena e da música galegas como os actores Cándido Pazo, Luís Iglesia, Xavier Deibe ou a compañía Talía, o músico Xan Curiel e o grupo Os da Ría.
Pero tamén atoparán oco os interprétes da Terra de Soneira como o Grupo de Teatro da Escola Municipal de Zas, os interpretes de Vimianzo ou as corais de Camariñas, Baio e Vimianzo.

Aquí vos deixamos o programa completo e o de outubro, máis concreto, pero sabedes que tendes todas as citas debulladas en www.axendacostadamorte.com.

Novas relacionadas

Fonte