O Concello de Vimianzo, tras varios anos de disfrute, xa se decatou das posibilidades que ofrecen os Telecentros. Espazos de formación onde as novas tecnoloxías son os mestres, e que serven para seguir reducindo a fenda dixital que sofre a nosa bisbarra.
O interese é tal, que xa solicitaron a construción dun novo Telecentro que será desenvolto a través dos fondos do GDR no lugar de A Devesa, en Carnés. Pero ademais o que está no centro da vila conta con un equipo informático adaptado para persoas con discapacidade.
Con este novo equipo, o Telecentro de Vimianzo xa forma parte do programa "TIC-TAC Galicia". A iniciativa persegue reforzar con novo equipamento os centros públicos para mellorar a accesibilidade á Sociedade da Información das persoas con discapacidade, as actividades formativas e o uso da administración electrónica.
A actuación consiste na dotación de equipos e dispositivos tecnolóxicos que permitan o acceso das persoas con discapacidade á Sociedade da Información. Actualmente, o Telecentro de Vimianzo conta seguinte o equipamento informático:
Teclado con teclas grandes e covertor.
Rato tipo Joystick.
Rato bola grande.
Rato bola pequena.
Rato para mentón.
Pantalla táctil.
Conmutador tipo botón.
Sistema de soporte tipo brazo.
Kit de mellora.
Praca Feder.
Software Tic-Tac.
Este tipo de accións permite que as persoas que sofren discapacidades físicas e sensoriais vexan diminuídas ou eliminadas as barreiras que impiden a súa interactuación coas TIC.