Luns. 16.12.2019
El tiempo

Vimianzo contará co seu segundo Telecentro gracias ao GDR

Vimianzo contará co seu segundo Telecentro gracias ao GDR

Ata un 90% subvenciona o GDR Costa da Morte o novo proxecto aprobado pola súa Xunta Directiva. Trátase da construción dun Telecentro en A Devesa (Carnés – Vimianzo). O orzamento ascende a 66.640 €, e o importe da axuda sitúase nos 60.000 €, o que supón un 90% sobre o total.

Este proxecto súmase aos 29 aprobados o pasado ano. Así, o Concello de Vimianzo contará co segundo Telecentro unha vez ten demostrado o ben que funciona o primeiro.

O proxecto conta coa verificación do ICE (Informe de Control de Elexibilidade) por parte de AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) e xa foi aprobado pola Xunta Directiva do GDR Costa da Morte. Agora foi remitido novamente a AGADER para que este organismo emita a resolución sobre el e lla envíe ao promotor.

O GDR taén pide subvencións

A Xunta Directiva tamén acordou presentar solicitude para a Convocatoria de Programas de Promoción Económica da Deputación da Coruña e concorrer á Convocatoria de Axudas e Subvencións para o Fomento de Emprego a través dos Programas de Cooperación da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios