O Telecentro de Vimianzo adáptase para os discapacitados
10:00 09/02/11
O Concello de Vimianzo, tras varios anos de disfrute, xa se decatou das posibilidades que ofrecen os Telecentros. Espazos de formación onde as novas tecnoloxías son os mestres, e que serven para seguir reducindo a fenda dixital que sofre a nosa bisbarra.
O interese é tal, que xa solicitaron a construción dun novo Telecentro que será desenvolto a través dos fondos do GDR no lugar de A Devesa, en Carnés. Pero ademais o que está no centro da vila conta con un equipo informático adaptado para persoas con discapacidade.
Con este novo equipo, o Telecentro de Vimianzo xa forma parte do programa "TIC-TAC Galicia". A iniciativa persegue reforzar con novo equipamento os centros públicos para mellorar a accesibilidade á Sociedade da Información das persoas con discapacidade, as actividades formativas e o uso da administración electrónica.
A actuación consiste na dotación de equipos e dispositivos tecnolóxicos que permitan o acceso das persoas con discapacidade á Sociedade da Información. Actualmente, o Telecentro de Vimianzo conta seguinte o equipamento informático:
- Teclado con teclas grandes e covertor.
- Rato tipo Joystick.
- Rato bola grande.
- Rato bola pequena.
- Rato para mentón.
- Pantalla táctil.
- Conmutador tipo botón.
- Sistema de soporte tipo brazo.
- Kit de mellora.
- Praca Feder.
- Software Tic-Tac.
Novas relacionadas
- Vimianzo contará co seu segundo Telecentro gracias ao GDR.
- Vimianzo abre novos cursos de Informática para reducir a fenda dixital.
- Galinus amosa en Vimianzo as vantaxes das ferramentas 2.0.
- A Costa da Morte á cola da implantación da internet en Galicia .
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.