Xoves. 09.05.2024
El tiempo

Vimianzo abre novos cursos de Informática para reducir a fenda dixital

Vimianzo abre novos cursos de Informática para reducir a fenda dixital

De cine está a funcionar o Curso de Redes Sociais que Javier Mosquera, da empresa Galinus, está impartindo durante estes meses no Telecentro de Vimianzo. E o Concello repara na importancia de abrir novos cursos coa intención de reducir a fenda dixital.

Así, dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo xa están organizando os seguintes cursos de alfabetización dixital para rapaces de entre 8 e 12 anos (alumnos/as dos cursos de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria) e veciños deste municipio. Esta formación impartirase no Telecentro de Vimianzo.

  • Curso de informática Básica (prazas limitadas). Destinado a nenos/as que non posúan coñecementos informáticos no sistema operativo Windows. Duración 3 meses.
  • Curso de Openoffice Writer e Mecanografía (prazas limitadas). Destinado a nenos/as que posúan coñecementos informáticos no sistema operativos Windows XP, Vista, 7 ... Duración 3 meses.

Máis información e inscrición

Os interesados/as en participar nestas accións formativas, deberán inscribirse antes do 18/02/2011 no Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local de Vimianzo (preguntar por Lorena Cernadas).

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

Comentarios