Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Os concellos da comarca de Soneira estudian crear unha mancomunidade

Os concellos da comarca de Soneira estudian crear unha mancomunidade

Importante a aposta que se prantexan dende os 3 Concellos da Comarca de Soneira. Os Camariñas, Vimianzo e Zas estudian a creación dunha Comunidade trealos resultados dos últimos comicios. A boa sintonía entre Manuel Antelo (aínda por corroborar a súa alcaldía este sábado) e a súa boa relación co tamén nacionalista Manuel Muíño en Zas, ademais da reafirmación do socialista Manuel Valeriano Alonso, Pinchurri, en Camariñas,

A idea fundamental é a de compartir servizos, e polo tanto gastos, en materia de cultura, de tratamento de residuos ademais doutras propostas de carácter económico.
Os tesouros etnográficos conxuntos, como pode ser a Ruta dos Antas, é unha boa razón para fomentar esta comunidade.

Unha aposta importante que supera localismos e reabre, se cabe, o debate da fusión de concellos no país dos 315 municipios.

Exemplos pouco eficaces

Con todo, e malia que consideramos a proposta moi positiva, temos exemplos, sen saír da bisbarra, que crean certas dúbidas. A incapacidade da Mancomunidade de Fisterra (formada polos Concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría e Muxía) é patente e nos últimos anos o único que acordaron foi unha subida conxunta da factura da auga.

A creación dun servizo de limpeza mancomunado ou a revitalización das radios municipais de Fisterra e Corcubión quedaron no limbo.

Novas relacionadas

Comentarios