Os Concursos de Nadal encheron de vida a capital de Soneira

Trementos todos os concursos que artellou o Concello de Vimianzo para este Nadal. Un dos máis divertidos e dos que máis vida traen á vila é o Concurso de Escaparates, que xa chegou a súa segunda edición e que provoca que a vila teña unha cor especial.
Pero houbo moitos máis, como o concurso infantil de Postais de Nadal ou o Concurso de Tute e Escoba.

I é que os nenos disfrutaron deste Nadal como poucos, e ademais das visitas de Antonio Nodar e Papa Noel, tamén disfrutaron dun fin de ano o 31 ás 12:00h da mañá, e da visita das súas Maxestades.

Entregados os premios dos Escaparates de Nadal

O alcalde de Vimianzo fixo entrega onte dos diplomas acreditativos e dos premios do II Concurso de Escaparates de Nadal ante a presenza dos comerciantes. E non temos foto dos gañadores pois quixeron deixar o protagonismo aos seus escaparates. Pero o que si podedes ver é o album dos escaparates no Facebook de Comercio de Vimianzo.

En total participaron nesta campaña catorce establecementos comerciais do concello: Ágabe Moda, Arco Iris, A tenda de Ma, Blüü, Calzados Yolanda, Ciriaco González, Cortinas Andújar, Descuento Loco, Floristería González, Hiper Ágabe, Joyería Victoria, Perfumería Pose´s, T´gustas e Valú Moda.

O concello convocaba tres premios para este concurso, un deles o premio ao Escaparate máis popular, que se votaba a través do facebook do comercio de Vimianzo, sendo o escaprate gañador aquel que obtivese máis número de “gústame”. O gañador resultou ser Perfumería Pose´s con un total de 230 votos.

O xurado debía outorgar os premios ao escaparate máis navideño e ao escaparate máis creativo e os galardoados foron:

  • Escaparate máis navideño: o gañador do premio foi Descuento Loco, outorgando un accésit para o escaparate de Xoiería Victoria.
  • Escaparate máis creativo: o escaparate gañador foi Cortinas Andújar, outorgando un accésit a Ciriaco González.

Concursos infantís

O sábado pasado tiña lugar a entrega de premios do II Concurso Infantil de Postais de Nadal durante a festa con Papá Noel na Casa da Cultura, coa entrega de agasallos, aos seguintes premiados: na categoría de 3 a 5 anos resultaron gañadoras as postais de Mauro Santos Lema (4 anos), Noa Forján Martínez (3 anos) e Marcos Cancela (5 anos). Na seguinte categoría, de 6 a 8 anos, os premiados foron Claudia Roget Antelo (6 anos), Sergio Mouzo Ferreira (7 anos) e Brais Esperante Pérez. Na terceira categoría, de 9 a 11 anos, as postais seleccionadas foron realizadas por Borja Duarte Quintáns (10 anos), Iria Domínguez Riveiro e Esteban Moreira Allones (de 11 anos). Na categoría dos máis maiores os gañadores foron Javier Trigo Carreira, Alicia del Moral Queiro e Sergio Blanco López.

Os concursos de cartas

Manuel Antelo entrega os trofeos aos gañadores dos torneos de escoba individual e tute por parellas que se disputaron os días 2, 3 e 4 de xaneiro na Casa da Cultura dentro da programación de Nadal.

No torneo individual de escoba quedou en terceiro lugar Manuel Pérez, o segundo clasificado foi José Canosa e o gañador foi Jesús Pereiras.

En canto ao tute por parellas os segundos clasificados foron Santiago Oreiro e José Canosa e gañaron o torneo Jesús Pereiras e Emiliano Novoa.

Novas relacionadas

Fonte