xoves. 01.05.2025
El tiempo

Papa Noel tamén se achegou en persoa pola capital de Soneira

Papa Noel tamén se achegou en persoa pola capital de Soneira
Papa Noel visitou aos pequenos e aos maiores de Vimianzo

Primeiro contactou por videconferencia, pero logo apareceu. Cun par de días de premura, i é que o mundo é moi grande... onte púidose ver a Papá Noel pola feira de Vimianzo e durante os próximos días poderémolo ver nos principais núcleos comerciais, hoxe na Piroga a partir das 18 horas, mañá en Baíñas a partir das 12 da mañá e nos vindeiros días polas rúas de Vimianzo.

Na mañá de hoxe Papá Noel realizou dúas importantes visitas acompañado pola concelleira de Benestar Social Mª Xosé Ramos: primeiro a Escola Municipal Os Vimianziños onde o agardaban expectantes os nenos e nenas coas cuidadoras; e a continuación á vivenda comunitaria e o centro de día. E o vinderio luns, día 24, ás 12 horas ao Xeriátrico.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios