Domingo. 28.04.2024
El tiempo

100 familias vimiancesas necesitan axuda solidaria

100 familias vimiancesas necesitan axuda solidaria
A Cruz Vermella fixo unha campaña de recollida de comida e xoguetes no Xeriátrico de Vimianzo

A crise segue sendo creando cada vez máis familias en problemas. En Vimianzo xa son máis de 100 as que tiveron que acceder ás axudas da Cruz Vermella Vimianzo, que xa leva dúas fases de reparto de alimentos e unha completa campaña de recollida de xoguetes.

Dúas campañas desenvoltas gracias aos voluntarios, que ademais contan este ano coa colaboración dos negocios locais coa participación de Correos e do Grupo Geriatros que fixo unha recolecta de alimentos e xoguetes no Centro Residencial da localidade, acadando uns 100 xoguetes e máis de 70 kg de alimentos.

En total, a Cruz Vermella Vimianzo realizou este mes de decembro o reparto de 3.142 kg de alimentos de forma totalmente gratuíta entre case 100 familias que se atopan en situación de vulnerabilidade no Concello; entre os alimentos que se repartiron figuran leite, galletas, pasta, garavanzos, fabas, xudías verdes, conservas de atún, aceite, tomate frito e zumes de froitas así como alimentos destinados á poboación infantil como leite de continuación, cereais ou papillas.

O proxecto de Alimentos é un dos que se reforzaron este ano e que forma parte do chamamento de axuda lanzado por Cruz Vermella para poder ampliar a súa intervención coas persoas máis vulnerables denominado “Agora + que nunca”.

Hixiene e xoguetes

Outra das das intervencións fundamentais que está levando a cabo a Institución é a distribución de kits de hixiene infantil para menores de entre 0 e 4 anos que se atopan en situación de vulnerabilidade e inclúen: cueiros, xabón, crema hidratante, toalliñas, colonia e esponxas.

Ademais disto, Cruz Vermella está en plena campaña de recollida de xoguetes, denominase “El color de la ilusión”, e o obxectivo é que ningún neno e nena se quede sen regalos nestas datas. Os xoguetes destinaranse a rapaces de entre 0 e 12 anos de familias vulnerables dos proxectos sociais da Institución e deben ter as seguintes características: novos ou en bo estado, non bélicos e non sexistas.

Voluntariado

Dende Cruz Vermella faise un chamamento á poboación para invitala a que se faga voluntaria. Calquera persoa pode participar e canalizar a súa solidariedade realizando unha actividade axeitada ao seu perfil e ás necesidades dos novos proxectos. O labor desenvolto polo voluntariado permite a realización de actividades que non sería posibles sen a súa achega.

Máis información

Aquelas persoas que desexen máis información poden poñerse en contacto con Cruz Vermella Vimianzo no correo electrónico [email protected] ou chamando ao 670 261 159.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Cruz Vermella Vimianzo.

Comentarios