Os escaparates volven vestirse de gala no nadal vimiancés


Os escaparates dos comercios de Vimianzo locen especialmente nestas datas debido ao Concurso de escaparates promovido desde o concello por segundo ano. Xa podemos escoller o escaparate máis popular entrando en dende a páxina de facebook de Comercio de Vimianzo e premendo "gústame" nas fotos dos escaparates que máis nos presten.
Os participantes, que engalanaron os establecimentos para o concurso, son Ágabe, Arco Iris, A tenda de Ma, Blüü, Cortinas Andújar, Descuento Loco,Floristería González, Hiperágabe, Joyería Victoria, Muebles Ciriaco González, Perfumería Pose´s, Tgustas, Valú Moda e Zapatería Yolanda. O escaparate con máis votos recibirá o premio ao escaparate máis popular.
A partir do día 22 o xurado escollará entre estes escapartes outros dous premios: o “escaparate máis navideño” e o “escaparate máis creativo”. Os premiados daranse a coñecer antes do 6 de xaneiro.
Máis traballo pola rede
Pero o concurso de escaparates non á única iniciativa en marcha, pois desde o departamento de promoción económica estívose traballando nun catálogo de produtos para difundir na internet, unha posibilidade de chegar a clientes potenciais que poden buscar ideas para regalar no Nadal ou consultar as promocións puntuais que, para estas datas, lanzan os comercios participantes: Ágabe, A tenda de Ma, Cortinas Andújar, Joyería Victoria, Hiperágabe, Librería San Vicente, Muebles Ciriaco González, Panadería Sampedro, Perfumería Pose´s, Tgustas, Valú Moda. I é que xa vimos que os comerciantes de Vimianzo están lanzados ás redes sociais.
A internet, a través sobre todo das redes sociais, ofrece unha posibilidade de promoción e difusión dos negocios, o que posibilita chegar a un público maior, o que se pode traducir en vendas ou, cando menos, en publicidade, por iso desde o concello se anima aos comerciantes a empregar as posibilidades que ofrece internet.
O ambiente de Nadal farase máis efectivo nestes días con animación de rúa con Papá Noel nos principais núcleos comerciais: Vimianzo, A Piroga e Baíñas; música e alumeado navideño.