Rouban a Pedra Furada de Vimianzo, un pelouro de máis de 2.000 kilos

Así é a roubada Pedra Furada, nas fotos de Suso Ponte e David Roget

Estupor en Vimianzo esta fin de semana. Os organizadores da proba de trial celebrada o domingo no Monte Faro, na parroquia de Ogás decatábanse de que faltaba o pelouro máis significativo da zona: a mítica Pedra Furada, tamén coñecida como Pedra do Encanto.

Unha pedra, un monumento natural, que contén cun simbólico burato no que moita xente se fotografiaba como gran reclamo do monte vimiancés.

No lugar pódense apreciar as mostras de seres sido arrastrado uns metros, para ser supostamente subido a un vehículo con guindastre.

Dende a parroquia, dende a entidade Apatrigal e dende o Concello fan unha chamada colectiva para intentar recuperar este signo identitario do Concello de Vimianzo, como pasou no seu día coa Pedra do Oso, na praia de Reira (Camariñas).

Pedra de Abalar

A pedra do encanto está ao carón da Pedra de Abalar de Ogás: