Imaxes espectaculares no Trial do Monte Faro
- Máis de 40 deportistas de distintos lugares de Galicia mediron as súas forzas no Trial do monte Faro por segundo ano consecutivo a pesar das malas condicións meteorolóxicas
12:36 27/10/25
Despois de que as condicións meteorolóxicas obrigaran a aprazar a xornada a pasada semana, os motores do Campionato Galego de Trial volveron ruxir en Vimianzo. A cita, organizada polo Moto Club ‘O Petouco’ en colaboración coa Federación Galega de Motociclismo e o Concello de Vimianzo, reuniu dende primeira hora da mañá a competidores de distintas partes de todo Galicia.
As rochas, o barro e a auga fixeron deste espazo o lugar ideal para poñer a proba as capacidades dos deportistas, que mediron as súas forzas a pesar das malas condicións meteorolóxicas.
Foi un circuíto pechado dividido en 10 zonas sinalizadas ao que os pilotos deberán dar dúas voltas en cada unha das categorías establecidas. Estes foron os gañadores:
- TR1 – Xurxo Neo Suárez
- TR3 – Ángel Froilán Fernández Arosa
- TR4 – Yoesdan Hernández Siles
- TR5 – Jorge Sánchez Rivas
- TR 4 infantil – Marco Labayos Fernández
- TR 5 infantil – Kilian Marques Taimil
- Alevín – Mateo Cobas Ogando
- Clásicas A – Antonio Pérez Orozco
- Clásicas B – Esteban Martínez Bello


