Sufocan un incendio nunha nave dos eólicos de Monte Redondo

Esta pasada noite de mércores, pasadas as 22:30h, os Bombeiros de Cee tiveron que desprazarse ata o Parque eólico Monte Redondo, en Vimianzo, tras ser alertados dun lume nunha pequena nave-caseta que contiña baterías, condensadores e celdas.

Os empregados da empresa esperaron en Vimianzo aos Bombeiros para guialos ata o punto, por ser unha zona de difícil aceso, despois de cortar a electricidade. Os Bombeiros procederon á extinguinción e refrixeración con auga, tarefa na que empregaron 1500 litros de auga e 1:40 minutos.