Todo en marcha en Vimianzo para a segunda edición do foro Alza Voz de Muller

A concelleira María José Pose, a deputada da Industria e Emprego Rosa Ana García e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez na presentación da segunda edición do Foro Alzavoz de Muller

Presentouse onte en Vimianzo a segunda edición do foro Alza Voz de Muller, un evento necesario que afonda sobre o taleto e a a capacidade de liderazgo feminino. A alcaldesa de Vimianzo e tamén deputada provincial, Mónica Rodríguez, a deputada de Industria e Emprego da Deputación da Coruña, Rosa Ana García, e a concelleira María José Pose debullaron as intencións e o programa dun encontro que se celebrarará os días 8 e 9 de maio e reunirá a profesionais de distintos ámbitos para compartir experiencias e coñecemento arredor do liderado feminino, especialmente no ámbito rural.

A alcaldesa destacou o valor de acoller este tipo de encontros no municipio, “que contribúen a dinamizar o territorio, a xerar oportunidades e a visibilizar e poñer en primeiro plano o talento e a capacidade das mulleres da Costa da Morte”.

Pola súa banda, Rosa Ana García salientou que “é fundamental que as administracións apoiemos iniciativas que visibilicen o talento das mulleres no rural e que contribúan a crear oportunidades reais de desenvolvemento profesional e persoal”. A deputada subliñou tamén a importancia de “tecer redes de colaboración entre institucións e axentes do territorio para fortalecer o papel das mulleres e avanzar cara a unha sociedade máis igualitaria”.

Un foro de referencia en Galicia

Alza Voz de Muller consolídase como un espazo de referencia en Galicia para a reflexión, o intercambio de experiencias e a creación de sinerxías arredor do liderado feminino. O programa desta segunda edición está deseñado para xerar impacto e favorecer a conexión entre profesionais, emprendedoras e axentes sociais.

O foro contará coa participación de recoñecidas profesionais como María Fornet, psicóloga e autora; Yolanda Domínguez, artista visual e consultora; e Laura Sagnier, activista pola equidade, que abordarán cuestións clave para o fortalecemento do liderado feminino e o impulso de proxectos innovadores no ámbito rural.

As inscricións para participar no evento xa están abertas a través da páxina web oficial:  www.alzavozdemuller.com.

Así foi o ano pasado

Artigos relacionados