Tres feridos no enésimo accidente no cruce Berdoias

Un novo accidente no cruce de Berdoias da AC-552 Tres persoas resultaron feridas nun novo accidente de tráfico rexistrado ao redor das 14 horas no punto quilométrico 74,500 da AC-552, á altura da parroquia vimiancesa de Berdoias. No sinistro víronse implicados dous turismos e unha das vítimas tivo que ser liberada polos Bombeiros de Cee, con fortes dores nas cervicais e nas cadeiras. Urxencias Médicas foi quen deu a voz de alarma e avisou ao centro de Emerxencias 112, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee e aos voluntarios de Protección Civil.

Accidentes 2017

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • 112