Tres feridos no enésimo accidente no cruce Berdoias
20:14 28/06/17
Un novo accidente no cruce de Berdoias da AC-552
Tres persoas resultaron feridas nun novo accidente de tráfico rexistrado ao redor das 14 horas no punto quilométrico 74,500 da AC-552, á altura da parroquia vimiancesa de Berdoias. No sinistro víronse implicados dous turismos e unha das vítimas tivo que ser liberada polos Bombeiros de Cee, con fortes dores nas cervicais e nas cadeiras.
Urxencias Médicas foi quen deu a voz de alarma e avisou ao centro de Emerxencias 112, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Cee e aos voluntarios de Protección Civil.
Accidentes 2017
- 21-06-17: Dous feridos en Corcubión ao bater co seu coche sen carné contra un muro de pedra
- 01-06-17: Un home sufríu un accidente cando rodaba en bicicleta por Corcubión
- 22-05-17: Dous feridos nun novo accidente no cruce de Berdoias e outro nunha saída en Mazaricos.
- 14-05-17: Dous accidentes e un incendio nunha vivenda para a noite do sábado:
- 08-05-17: Unha moza malpicá de 23 anos falece nun accidente de tráfico na A-6.
- 08-05-17: 3 accidentes na AC-552 salpican a fin de semana costeira.
- 01-05-17: Dous accidentes deixan varios feridos en Muxía e Carballo.
- 24-04-17: Dous feridos en Coristanco nun accidente:
- 21-03-17: Un ferido nun accidente de tráfico en Muros.
- 11-03-17: Excarcelada unha persoa tras un accidente en Carnota.
- 07-03-17: Un ferido leve nun accidente en Carballo.
- 10-01-17: Noite de accidentes.
- 08-01-16: 3 accidentes empañaron a ponte de Reis.
- 05-01-17: Un coche volca na Autovía á altura de Coristanco.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- 112