Vimianzo investigará os feitos vandálicos no dolmen de Pedra Cuberta

Unha das pintadas na Pedra Cuberta

Este pasado domingo 4 de abril apareceron no dolmen de Pedra Cuberta uns motivos realizados en xiz e que simulan un gato xunto a unha persoa. Con todo, a maneira de estar realizados con este produto, non é un atenuante do feito en si.

Por iso, o Concello de Vimianzo, ademais de “condenar rotundamente estes feitos vandálicos” afirma que “abrirá unha investigación para resolver o acontecido”. O goberno local xa ordenou un estudo técnico sobre a afectación das pintadas neste ben patrimonial, así como o procedemento a iniciar para a súa eliminación.

O Concello recoñece que conta cunha “liña de traballo continuísta para a preservación e conservación do seu patrimonio arqueolóxico” xa dende gobernos anteriores. Actualmente con accións como as Rutas Patrimoniais artelladas en Semana Santa.

Novas relacionadas