Venres. 19.04.2024
El tiempo

Rutas polo patrimonio natural e arqueolóxico de Vimianzo para recibir visitas en Semana Santa

Ruta Semana Santa Vimianzo
Rutas polo patrimonio natural e arqueolóxico de Vimianzo para recibir visitas en Semana Santa

O Concello de Vimianzo pon a disposición de todas as persoas que así o desexen, un itinerario de libre consulta para poder realizar rutas de cara á Semana Santa. 
Desde a área de Turismo, e baixo a denominación de ‘Cantos séculos podes percorrer nun día?’ recóllese nun mapa os principais puntos para visitar, apoiándose nas páxina turística do Concello, na conta de Wikiloc do Concello de Vimianzo e nas audioguías de vimianzo.mobi. 

Así, os penedos de Pasarela e Traba, a ruta dos Dolmens, o castro das Barreiras, a necrópole de Tines, o porto de Cereixo, o Castelo de Vimianzo, o vieiro Fidalgo, Monte Torán, os batáns e muíños do Mosquetín, as fervenzas de Cambeda, a ruta de Calo a Castrobuxán e a ruta polo encoro da Fervenza son os puntos clave dentro deste plan. 
Ademais, propóñense as visitas teatralizadas ao Castelo ca compañía Os Quinquilláns, de xoves a domingo ás 12:00 horas pola mañá, e de tarde de xoves a sábado tamén ás 19:00 horas pola tarde. 

Tamén haberá visitas guiadas aos Batáns, de xoves a domingo ás 10:45 horas e ás 16:00 horas, e ao Castro das Barreiras, de xoves a domingo ás 17:00 horas. É obrigatoria a inscrición en [email protected].


 

Comentarios