Vimianzo ofrece un programa lúdico de conciliación para a Semana Santa
17 de marzo de 2026 (10:16 h.)
O Concello de Vimianzo facilitará a conciliación ás familias durante as vacacións de Semana Santa cun programa lúdico dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos.
As propostas, unha alternativa de ocio educativo para este período, desenvolveranse os días 30 e 31 d emarzo. 1 e 6 de abril, en horario de 10:00 a 14:00 horas.
O pavillón acollerá este campamento, no que os pequenos e pequenas participarán en diferentes actividades como decoración de ovos de Pascua, contacontos, animación musical e xincanas.
O prazo para inscribirse abrirá mañá, 17 de marzo, e pecharase o 25 de marzo. As solicitudes deberanse entregar de maneira presencial na Casa da Cultura.