400 coches buscarán un novo fogar nas rúas de Baio

Ao máis puro estilo Salvacadelos, 400 coches invadirán as rúas de Baio esta fin de semana para buscar novo dono. O sábado 11 e domingo 12 de xuño celébrase a xa 27ª edicióin da Feirauto de Baio, a Feira do Automóbil de Ocasión máis importante de Galicia. Esta é a primeira das dúas feiras anuais que artella aAsociación do Automóbil de Baio (xa coa súa páxina de Facebook creada e todo). A segunda será no mes de setembro.

Unha vez que as reunións coa Xunta depararon un compromiso de que o vindeiro mes de xullo comezan as obras e que en outubro estará a ITV en funcionamento, a edición deste mes transcorrerá menos reivindicativa do que podería parecer. Os membros da Asociación do Automóbil de Baio están moi satisfeitos co traballo realizado e cos compromisos acadados. Unha vez máis demóstrase que a unión fai a forza en Baio.

Así, agardan vender uns 30 vehículos, como veñen facendo nos últimos anos, nos que a crise, faise patante sobre todo na baixada dos prezos dos coches vendidos.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).